Escoitar

Caballero reclama a arbitraxe para a totalidade dos afectados polas preferentes

O alcalde mantivo este xoves unha reunión coa plataforma de afectados polas participacións preferentes, persoas "enganadas" que depositaron os seus aforros en productos de "elevado risco". Abel Caballero demanda que a arbitraxe se faga extensiva a todos os tenedores.

xoves, 21 feb 2013
1361450742preferentes.JPG
Abel Caballero indicou que a entrevista serviu para pór en común informacións e accións en defensa dos dereitos das persoas afectadas polas participacións preferentes, vítimas dun "engano" nun 99%, segundo apuntou.

Conversaron tamén sobre os "criterios do sistema de arbitraxe" e o alcalde demandou que esta fórmula sexa aplicable á totalidade dos tenedores destes productos de "elevado risco". Caballero transmitiulles o "apoio" do goberno local, por ser vítimas dun "engano" no producto e no "factor final do engano", que foi a fusión das caixas galegas, asegurou.
Descargar todas as imaxes