Escoitar

Vigo convértese na primeira cidade galega que prohibe a instalación de circos con animais

O alcalde de Vigo anunciou que a partir de hoxe venres non se instalarán na cidade circos con animais. Así o decidiu a Xunta de Goberno Local, atendendo sobre todo a criterios de defensa dos animais aínda que hai outros motivos, como o sanitario.

venres, 22 feb 2013
1361551478alcalde2.jpg
O Goberno municipal dediciu non autorizar a partir de hoxe circos con animais en terreos municipais, un proxecto no que "levamos traballando nos últimos meses". Trátase dixo o rexedor, "dunha demanda da dignidade da cidade que non quere animais en cautividade, maltratados e en lamentables" condicións hixiénicas. A partir de agora, avanzou, en Vigo non se poderán ver este tipo de "espectáculos lamentables" fundamentalente, xustificou, por respecto aos animais, aínda que tamén esgrimiu motivos hixiénicos. Caballero puxo en valor que Vigo é a primeria cidade galega que toma esta decisión de "non tolerar animais enxaulados" e indicou que xa deu instruccións a todos os departamentos de negar estes permisos, en caso de solicitarse.
Descargar todas as imaxes