O Concello distribuirá 600.000 euros entre os clubs de deporte de base da cidade
As arcas municipais destiñan 600.000 euros a financiar os clubs de deporte de base da cidade, a mesma cuantía do ano pasado e que foi repartida entre 171 colectivos. A esta cantidade hai que sumar outros 267.500 euros, aprobardos esta semana, neste caso para entidades de élite, polo que o importe total de axudas ao deporte ascende a 867.500 euros.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe venres ás bases e a convocatoria específica para as entidades deportivas sen ánimo de lucro para a tempada 2012/2013. Cunha cuantía de 600.000 euros, o obxectivo é contribuir a financiar o funcionamento dos clubs de deporte base. Deste xeito, manténse a partida do ano pasado, tamén de 600.000 euros, que permitiron repartir axudas a 171 entidades deportivas.
Tal e como explicou o rexedor, prazo para presentar solicitudes é de 20 días desde a publicación da convocatoria no BOP. Unha vez presentadas, o Cocello revisa a documentación e se aproba na Xunta de Goberno. A continuación envíase a Intervención e, posteriormente, notifícase ás entidades que poden facer a xustificación do importe para tramitar o pago.
A esta subvencón, hai que sumar outros 267.000 euros de convenios de colaboración con clubs deportivos de élite da cidade, polo que a cuantía en axudas municipais ao deporte aprobados esta semana foi de 867.000 euros, "case un milón de euros para o deporte de Vigo", matizou.
Hogar San José
A Xunta de Goberno tamén aprobou o proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Casa de la Caridad-Hogar San José, por un importe de 46.000 euros. Tal e como determina o acordo, a entidade recibirá 23.000 euros ese ano e outros tantos o ano que vén.