Escoitar
Vigo competiu con outras cincuenta administracións por este premio

O Concello de Vigo gaña un premio nacional ao Proxecto referente en Administración Electrónica na contratación

A transparencia e a innovación son algúns dos aspectos que se tiveron en conta á hora de outorgar a Vigo o premio nacional ao Proxecto Referente en Administración Electrónica polo sistema de contratación implantado no Concello. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu onte xoves en Madrid o galardón nun acto no que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Facenda, Raquel Díaz.

venres, 22 feb 2013
1361554301premio.jpg
O Concello de Vigo recibiu esta tarde o premio Proxecto referente en Administración Electrónica desde a Nube outorgado no marco do III Congreso Nacional de Interoperabilidade e Seguridade (CNIS). O proxecto de contratación pública electrónica implantado no Concello de Vigo foi merecedor do galardón que premia á administración electrónica "máis transparente e máis rápida de toda España en materia de
contratación".

Estes premios, nos que competiron medio centenar de administracións como a central, CC.AA, Diputacións e Concellos de toda España, recoñecen iniciativas públicas innovadoras que contribúen a avanzar cara unha administración máis transparente, aberta e innovadora.

Por terceiro ano consecutivo, o CNIS reúne a máis de medio centenar de especialistas representando a preto de 200 institucións públicas. Organizado polo Club de Innovación, centrado no fomento da innovación nas administracións e co apoio da Secretaría de Estado do Ministerio de Facenda y Administracións Públicas, da FEMP, o CCN-CERT, a FNMT e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, este encontro consolidouse como un dos maiores foros en materia de interoperabilidade, seguridade e administración electrónica.
Descargar todas as imaxes