Caballero pide á Xunta que medie para que Pymar avale a construción do flotel en Barreras
O alcalde de Vigo solicitou este martes ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xestione que Pymar e o Goberno de España avalen o flotel que Hijos de J. Barreras ten que construir para a mexicana PEMEX, de non conseguir o estaleiro vigués o financiamento necesario.
"De ningún modo Galicia pódese permitir que o barco non se faga en Barreras", aseverou Abel Caballero, que ve "imprescindible" que o flotel se constrúa en Vigo pois mil empregos dependen da carga de traballo deste estaleiro vigués.
O alcalde demanda ao presidente da Xunta de Galicia, a quen lle remitiu este martes un escrito, que medie ante a sociedade Pymar e o Goberno de España para que avalen a Barreras na construción do buque, se o estaleiro non consegue pechar o financiamento bancario. Caballero contactará cos sindicatos e a direción da compañía para informarlles da súa proposta.
Abel Caballero recordou que existen "antecedentes" dun aval de similares características a un estaleiro vigués, caso de Vulcano na etapa do anterior Goberno de España, polo que "nada impide" que esta fórmula poida empregarse novamente.
Descargar todas as imaxes