O Concello abre as portas da UNED en Vigo para atender a 3.500 alumnos
A aula da Uned abrirá as súas portas mañá martes de xeito oficial para atender a 3.500 euros. O coste desta nova instalación corre integramente a cargo das arcas municipais, tal e como destacou o alcalde.
O alcalde avanzou hoxe luns que mañá abrirá as súas portas a Uned de Vigo para atender a uns 3.500 alumnos "despois de 20 anos de espera". Tal e como explicou mañá entregaránse as chaves ao reitor e "solucionaremos definitivamente todos os atrancos que houbo que superar", en relación a posición obstrucionista do presidente da Deputación.
Destacou que a financiación é integramente municipal e deulle as grazas ao Obispado pola cesión do local. Cifrou a aportación en 100.000 euros ano ano, unha cantidade que contrapuxo coa aportación nula cooperación da Xunta e do organismo provincial. Lembrou que a Deputación respostou negativamente á petición dos grupos políticos no Pleno solicidando que sufrague a metade do custo da aula, lembrando que esa petición contou co voto afirmativo do presidente do ente e voceiro municipal do PP, José Manuel Figueroa. Na súa opinión, Xunta e Deputación "marxinan unha vez máis a esta cidade".