Escoitar

O goberno local adianta 445.000 euros de pagos de 2013 para bolsas de comedor e axuda ás familias

O alcalde informou este venres do libramento de 326.000 euros para abonar bolsas de comedor escolar e outros 120.000 euros de axuda ás familias no programa de Emerxencia Social. O Concello adianta así os pagos correspondentes ao orzamento de 2013 aos beneficiarios da política social municipal.

venres, 15 feb 2013
O Concello de Vigo adianta o pago de 445.000 euros aos beneficiarios das bolsas de comedor escolar e das axudas ás familias no programa de Emerxencia Social correspondente ao orzamento municipal de 2013, aprobado recentemente.

Segundo revelou Abel Caballero, o goberno local decidiu abonar xa 326.000 euros correspondentes ás partidas económicas do Concello de xaneiro a xuño de 2013 para as bolsas de comedor dos colexios, pagos que actualmente se están a efectuar aos centros educativos.

O rexedor recordou que o goberno local concedeu axudas de comedor a 4.000 beneficiarios no pasado ano, cun importe total de 1,5 millóns de euros. Nas contas de 2013 a partida reservada neste concepto ascende a 1.656.000 euros.

O goberno local tamén adianta o pago de 120.000 euros de 2013 para axudas as familias, parte do programa de Emerxencia Social do que dispón o Concello de Vigo cun orzamento de 445.000 euros. Caballero indicou que, neste concepto, a administración local concedeu 1.360 axudas para persoas de Vigo en situación de necesidade social o pasado ano.