O Concello incrementa en 2013 un 17% os recursos do Plan Municipal de Emprego
Abel Caballero mantivo este xoves un encontro con algunhas das entidades que cooperaron co Concello de Vigo no desenvolvemento do Plan Municipal de Emprego do pasado ano, dotado con 2,4 millóns que en 2013 pasa a 2,8 millóns, un 16,6% máis. O orzamento municipal total de Emprego este ano suma 5,5 millóns.