Escoitar

O Concello estudiará a reorganización do tráfico nos aledaños do pavillón de Coruxo

O acalde de Vigo comprometeuse esta mañá a estudar a posible ampliación do pavillón de Coruxo e da zona de aparcamentos. Logo dun encontro coa Asociación de Entidades deportivas da zona, Caballero engadiu a necesidade de acometer unha remodelación do tráfico nesta área.

xoves, 14 feb 2013
1360845819coruxo.JPG
Abel Caballero analizou hoxe xoves coa Asociación de Entidades Deportivas de Coruxo a a situación das infraestruturas deportivas nesta zona da cidade. Un encontro no que o rexedor se comprometeu a estudar a posible ampliación do pavillón de Coruxo, cun campo de fútlbol 7 e unha pista de atletismos externa, así como a zona de aparcamentos. O rexedor tamén avanzou a posibilidade de remodelar o tráfico nos aledaños do pavillón posto que, no seu tempo, foi construido nun lateral da estrada, con acceso complicado porque se xuntan tráficos de entrada e saída, os vehículos ocupan parte da estrada como estacionamento, "unha fórmula que non parece a máis axustada".

Outro dos temas que se abordaron no encontro, segundo explicou Caballero, foi a posibilidade de realizar un camiño polo humedal que está detrás do campo, co obxectivo fr facer un trazado que o circunvale.
Descargar todas as imaxes