Escoitar

O Concello traballa nunha "gran plataforma" para converter a Vigo en "mostra e fábrica da cultura"

Nunha visita á sala que a Pinacoteca municipal adica a Manuel Colmeiro, o alcalde avanzou que o goberno local desenvolverá unha "gran plataforma cultural" na cidade "coparticipada" polos "homes e mulleres da cultura de Vigo" para trazar "o futuro da cultura que queremos para Vigo nos próximos 25 anos"

mércores, 13 feb 2013
1360775801pinacoteca.JPG
Abel Caballero indicou que "nos próximos meses" convocará o goberno local "aos homes e mulleres da cultura de Vigo para trazar conxunta e colectivamente o futuro da cultura que queremos para Vigo nos próximos 25 anos", unha "gran plataforma cultural" cun deseño "coparticipado" coas distintas disciplinas culturais da cidade para converter a cidade nunha "mostra da cultura e unha fábrica da cultura".

O alcalde fixo estas declaracións nunha visita á mostra "Olladas á Colección", unha exposición exclusiva sobre a obra de Manuel Colmeiro sita desde setembro na planta baixa da Pinacoteca municipal Francisco Fernández del Riego.

Abel Caballero subliñou a "importancia e as connotacións nas que se desenvolve Colmeiro con esta cidade", xa que a obra procede dunha donación da propia familia. O primeiro edil agradeceu aos familiares a colaboración co goberno local, apoio que se trasladou nas obras expostas na rúa Pintor Colmeiro, recentemente humanizada. Caballero concluíu que a colección do pintor galego é unha "magnífica exposición nunha gran pinacoteca", e eloxiou o traballo do comisario da mesma, Carlos Bernárdez.
Descargar todas as imaxes