Escoitar

O rexedor visitou no Zoo aos nenos que participan nas actividades infantís organizadas polo Entroido

Abel Caballero achegouse hoxe martes ao Zoo de Vigo para coñecer as actividades que a Concellería de Medio Ambiente organiza para o público infantil. Ao redor de 50 nenos e nenas disfrutan estes días de diversos obradoiros lúdicos nas instalacións municipais de A Madroa.

martes, 12 feb 2013
1360688100zoo.JPG
As instalacións do Zoo de Vigo foi un dos lugares nos que o Concello organiza estes días actividades infantís con motivo do Entroido. O medio centenar de nenos e nenas participantes recibiron hoxe martes a visita do alcalde de Vigo, quen quixo coñecer persoalmente os obradoiros que se desenvolven desde a Concellería de Medio Ambiente. Acompañado pola titular do departamento, Chus Lago, Caballero interesouse polos traballos dos nenos e compartiu con eles parte das súas actividades.

Durante esta festividade do Entroido e logo de ter que suspender as actividades infantís programadas na Praza de Rei por motivos climatolóxicos, mantense o programa previsto para mañá mercores, que inclúen as exequias funerarias e solemnes das comparsas, na Praza da Constitución, cun percorrido da Comitiva pola Porta do Sol, a rúa Príncipe, a rúa Colón, para chegar á porta do Sol sobre as 18,30 horas. As 19,30 horas, chegará o sepelio do Meco.
Descargar todas as imaxes