O alcalde defende a nova depuradora como a mellor mostra da implicación do Concello para solucionar o saneamento da Ría
O alcalde de Vigo transmitirá aos representantes do Parlamento Europeo que mañá martes se achegan a Vigo para coñecer o estado da ría que a cidade está enfocando de "xeito brillante" o problema do saneamento. Nesta liña, apuntará que o Concello está moi implicado na construción da nova depuradora que entrará en funcionamento de xeito definitivo en decembro de 2015.
Abel Caballero indicó hoxe luns que Vigo está enfocando dun xeito "excepcionalmente brillante" o problema do saneamento e así llo vai transmitir mañá martes aos membros da Delegación da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para analizar a contaminación das rías de Vigo, Ferrol e o Burgo cos que manterá un encontro na Axencia Europea de Pesca. Tal e como explicou, o Concello está "moi implicado" na construción da nova depuradora, adxudicada en setembro de 2012. Nestes momentos estase a traballar nas obras de explanación e acondicionamento e a principios de 2014 entrará en funcionamento a pranta provisional, en tanto que a definitiva porase en marcha en decembro de 2015. Trátase, engadiu, dunha instalación municipal polo que "é esta cidade que se encarga do saneamento da ría."
A estación depuradora chegan augas residuais de tres colectores: Lagadres, o da marxe da ría, e o de Coruxo e a futura EDAR terá capacidade holgada para tratar todas as auguas residuais en todas as fases porque no tratamento primario depuraránse 12 metros cúbicos/ segundo, fronte aos 8 actuais. Respecto do tratamento secundario, a capacidade pasará de 1,5 metros cúbicos a 3,4 e, por último, no tratamento terciario, pasa de 1,5 a 4 metros cúbicos/segundo.
Respecto do seu finanzamento, o alcalde precisou que esta obra é sufragada principalmente desde o Goberno de España, con fondos europeos, e desde o Concello, con fondos municipais posto que a aportación da Xunta "é irrelevante". Concluíu a súa intervención cos medios apuntando que a Ría de Vigo "está contemplada cunha extraordinaria vocación de saneamento desde esta cidade" e ofrecetu todas as garantías de que "nun breve prazo de tempo Vigo vai ter o mellor sistema de tratamento de augas do mundo".