luns, 11 febreiro 2013

O alcalde defende a nova depuradora como a mellor mostra da implicación do Concello para solucionar o saneamento da Ría

luns, 11 feb 2013

O alcalde de Vigo transmitirá aos representantes do Parlamento Europeo que mañá martes se achegan a Vigo para coñecer o estado da ría que a cidade está enfocando de "xeito brillante" o problema do saneamento. Nesta liña, apuntará que o Concello está moi implicado na construción da nova depuradora que entrará en funcionamento de xeito definitivo en decembro de 2015.