Escoitar

Goberno de Vigo e sindicatos pactan a aplicación no Concello do "decreto de recortes" do Estado

O alcalde e os responsables do Comité de Empresa no Concello de Vigo mantiveron este venres unha reunión e pactaron a aplicación do Real Decreto 20/2012, que supón unha "limitación dos dereitos" dos funcionarios, segundo Caballero. Os eixos do acordo pasan pola flexibilidade laboral e a formación.

venres, 8 feb 2013
1360328265sindicatos.JPG
Abel Caballero valorou positivamente o acordo acadado co Comité de Empresa que converte a Vigo en "seguramente un modelo de aplicación deste decreto" estatal, definido polo alcalde como o "decreto de recortes e de limitación dos dereitos".

O pacto para a súa aplicación é "total", tal e como asegurou o rexedor, e con "importantes" avances, como a flexibilidade horaria para todo o plantel municipal, que terá que cubrir obrigatoriamente de 9 a 14:30 horas e o resto do horario, con flexibilidade. Tamén destacou Caballero as seis xornadas de formación, acumulables para o ano seguinte de non ser utilizadas.
Descargar todas as imaxes