O alcalde incorpora ao Goberno municipal unha concelleira de Educación non electa e sen adicación exclusiva
O Goberno municipal contará a partir de mañá cunha concelleira de Educación non electa, Olga Ríos, unha profesional do ensino que se incorporará as tarefas municipais sen adicación exclusiva xa que manterá o seu traballo como directora do Ceip Teis Frían. Esta novidade forma parte dunha reorganización de Goberno que Caballero anunciou hoxe martes "atendendo a criterios de sinerxias e obxectivos pensando nos cidadáns".