venres, 8 feb 2013
O alcalde deu conta dos asuntos abordados pola Xerencia de Urbanismo deste venres, entre os que se atopa a aprobación definitiva do plan parcial de Falcoa, en Castrelos, de 127.000 metros cadrados. Caballero salientou a "parte importante de zona verde" reservada no ámbito, superior aos 17.000 m2.
venres, 8 feb 2013
O alcalde e os responsables do Comité de Empresa no Concello de Vigo mantiveron este venres unha reunión e pactaron a aplicación do Real Decreto 20/2012, que supón unha "limitación dos dereitos" dos funcionarios, segundo Caballero. Os eixos do acordo pasan pola flexibilidade laboral e a formación.
venres, 8 feb 2013
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", programan O ENTROIDO 2013, que terá lugar do 8 ao 13 de febreiro, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 8 coa Entronización do Meco na porta do Sol, para continuar ás 20,30h co pregón, a cargo da xornalista Ana Guantes, na praza da Constitución. Ás 20,45h, na citada praza, terá lugar o concurso de coplas.
venres, 8 feb 2013
Con motivo do desenvolvemento dos actos do Entroido 2013, que afectarán principalmente a García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol e Paseo de Afonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e cortes de tráfico:
venres, 8 feb 2013
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto: "A VOZ :UNHA FERRAMENTA PARA TRIUNFAR".O obxectivo é facilitar as claves para elaborar as nosas mensaxes dun xeito conciso, auténtico e eficaz, vencendo o medo a falar en público.<br />
<br />
venres, 8 feb 2013
Normalización Lingüística programa o "curso de auga doce" como unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionado coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia...
venres, 8 feb 2013
De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, a concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 4 de febreiro de 2013, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2013 , así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:<br />