O alcalde apunta que a Concellería de Fomento investiu case 35 millóns de euros no rural desde 2008
O alcalde de Vigo aproveitou hoxe xoves unha visita á humanización da rúa Carballal, en Cabral, para facer balance das actuacións que a Concellería de Fomento realizou no rural desde o ano 2008. Resaltou que o investimento nas parroquias, de case 35 millóns de euros, foi maior nos últimos cinco anos que nos 50 anos anteriores.
O rexedor, acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e o edil de Fomento, David Regades, visitaron hoxe xoves as obras de humanización que se acometeron na rúa Carballal, en Cabral, preto da estrada do Aeroporto. Concretamente, estase a executar unha beirarrúa de formigón na marxe esquerda e ampliación da calzada por un importe de 60.000 euros e un prazo de execución de 2 meses. Tal e como explicou, e dado que a rúa é estreita foi precisa a cesión de terreo por parte dos veciños -nalghunas zonas máis de 2 metros- a coste cero para o Concello, para contruir a nova beirarrúa sen reducir o ancho dos carrís. En total, renováronse 200 metros cadrados de superficie e 115 metros de colectores. Esta obra eliminará na zona unha curva perigosa, engadiu o rexedor.
Durante a súa comparecencia cos medios, Caballero resaltou os case 35 millóns de euros que so a Concellería de Fomento adicou a actuacións nas parroquias desde o ano 2008. No caso de Cabral, o investimento foi superior 1 millón de euros en Cabral, Beade, Navia (zona antiga), Matamá, San Andrés de Comesaña, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Oia, Saiáns, San Paio, Sárdoma, Zamáns, Alcabre e Bembrive. No caso de Valladares, o investimento supera os dous millóns, mentres que en Lavadores ascendo ao 10 millóns, con Severino Cobas e Manuel Álvarez. A estas cantidades, dixo, hai que sumar os custos das actuacións desenvolvidadas desde outros departamentos municipais como Parques e Xardíns, Participación Cidadá, Urbanismo ou Deportes. Rematou explicando que estas actuacións responden ao cumprimento dunha promesa "dixemos que íamos atender as parroquias como ao centro de Vigo e iso estamos a facer".
Descargar todas as imaxes