O Concello facilita axudas de emerxencia a mulleres vítimas de violencia de xénero
Abel Caballero avanzou hoxe mércores a aprobación dunha axuda de 10.000 euros para que mulleres vítimas de violencia de xénero poidan afrontar gastos urxentes como aluguer, alimentación ou produtos de hixiene. O rexedor lembrou que o Concello aporta anualmente 266.000 euros ao Centro de Emerxencia Social que desde Vigo atende a toda Galicia e que é compencia da Xunta.
A Xunta Local de Goberno deu luz verde a un programa de axudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero por un importe de 10.000 euros. A finalidade é, segundo explicou o rexedor, facilitar axuda para afrontar gastos urxentes e básicos como aluguer, alimentación ou hixiene a mulleres que están en proceso de ruptura co agresor. O equipo do Centro Municipal de Información dos dereitos da muller será o encargado de valorar as concesións.
Tal e como informou o alcalde, estas axudas compleméntanse coa rede municipal de atención a vítimas de violencia, como é a atención desde a Policía Local e o dispositivo de información á muller, ademais de dous dipositivos de acollida: Centro de Emerxencia e a Rede Municipal de pisos de protección, que inclúe 3 vivendas con 16 prazas. Este Centro, puntualizou, está consorciado coa Xunta de Galicia e o Concello aporta 266.000 euros ao ano o que supón que, en dez anos, a aportación de Vigo para a atención de violencia de xénero para toda Galicia é superior a 2,5 millóns. Caballero avanzou unha reunión entre a concelleira de Igualdade e os membros do concello reitor do Centro de Emerxencia para coñecer a aportación da Xunta neste organismo, nun área que é competencia autonómica.
Plans de emprego
Asimesmo, a Xunta Local de Goberno autorizou o gasto de 193.000 euros en axudas para 2013 pola asistencia aos cursos dos participantes do Imos Traballar 2, un programa que ten un orzamento de 1,7 millóns de euros. Neste proxecto de xeracion de emprego, engadiu, ofértanse cursos a 150 persoas durante un ano para que os asistentes teñan a posiblidade e a capacidade de atopar traballo. Puntualizou que unha parte dos participantes son de difícil empregabilidade por idade ou por falta de formación, unha carencia que trata de cubrirse con esta formación. Caballero rematou animando á Xunta e a Deputación a desenvolver políticas activas de emprego na cidade.
Descargar todas as imaxes