Escoitar

O alcalde incorpora ao Goberno municipal unha concelleira de Educación non electa e sen adicación exclusiva

O Goberno municipal contará a partir de mañá cunha concelleira de Educación non electa, Olga Ríos, unha profesional do ensino que se incorporará as tarefas municipais sen adicación exclusiva xa que manterá o seu traballo como directora do Ceip Teis Frían. Esta novidade forma parte dunha reorganización de Goberno que Caballero anunciou hoxe martes "atendendo a criterios de sinerxias e obxectivos pensando nos cidadáns".

martes, 5 feb 2013
Abel Caballero anunciou hoxe martes unha reorganización do Goberno municipal "atendendo a criterios de sinerxias e obxectivos, "pensando nos cidadáns" e deixando a un lado "vellas e tradicionais" estructuras administrativas. O primeiro destes cambios, dixo, pasa por "reforzar" a área de educación coa incorporación dunha concelleira non electa, Olga Alonso, directora do Ceip Teis-Friáns e unha profesional de recoñecido prestixio no eido educativo. Tal e como explicou, esta edil manterá as seu traballo no centro educativo e non terá adicación exclusiva no Concello, é dicir, suporá un gasto nulo. Xustificou este reforzo na defensa que quere facer o Goberno municipal ao ensino, sobre todo, ao público frente aos "ataques brutais que está a sofrer por parte da Xunta e do Goberno Central".

Anunciou que as concellerías de Cultura e Festas pasan a ser responsabilidade de Cayetano Rodríguez, actual edil de Turismo para sumar sinerxias que potencien o ámbito do desenvolvemento turístico. Proseguiu afirmando que unha das "grandes palancas" da política desta cidade é a do benestar, polo que Isaura Abelairas terá que adicar maior esforzo a esta área que require maior adicación, lembrando a apertura do albergue ou as partidas para políticas sociais que figuran no orzamento de 2013. Esta concelleira xestionará, a súa vez, Igualdade e Normalización Lingüística.

Angel Rivas, concelleiro de Distritos, Parques, Xardíns e Limpeza, vaise responsabilizar tamén de Comercio, "buscando un prantexamento global de territorio". Asimesmo, engadiou que Transporte e Mobilidade teñen que estar, "como marca a modernidade", con Fomento. A creación desta concellería a comezos de mandato e a experiencia desta ano e medio demostran que o transporte -Vitrasa a taxis- deben ser supervisados pola área que dirixe David Regades, tal e como xa sucede no Goberno de España o na maioría das comunidades autónomas e grandes cidades.

O departamento de Patrinomio pasa a mans da concelleira de Patrimonio Histórico, Urbanismo e Cascos Históricos, Carmela Silva, para sumar sinerxias. Chus Lago seguirá a dirixir Medio Ambiente e Xuventude e neste último ámbito desenvolverá un prantexamento "moi horizontal" coas concelleirías de Educación, Cultura e Deportes. Santos Héctor mantén Participación Cidadá e Voluntariado, mentres que Carlos López Font segue ao frente de Xestión Municipal e Seguridade. O deporte segue sendo responsabilidade de Manel Fernández e Raquel Díaz seguirá controlando a Economía a Facenda nun momento "crucial" no que Vigo é o Concello con mellor xestión económica de España, coa débeda máis baixa e cunha extraordinaria liquidez e, avanzou, "quero que isto se manteña e incluso que mellore no resto do mandato porque é mérito da concelleira".

O alcalde continuou asegurando que "os elementos e pautas centrais do goberno permanecen", cualificando esta reorganización como "un axuste, un xeito de facer áinda máis eficiente, eficaz e productivo o Goberno. Permandence n os elemetnos e as pautas centrais do goberno, e un reaxuste, unha for,made facer aínda m´çais eficiente eficaz e productivo un goberno con menor coste. Rematou agradecéndolle a Olga Alonso a súa incorporación augurándolle moitos éxitos.