mércores, 6 febreiro 2013

O Concello facilita axudas de emerxencia a mulleres vítimas de violencia de xénero

mércores, 6 feb 2013

Abel Caballero avanzou hoxe mércores a aprobación dunha axuda de 10.000 euros para que mulleres vítimas de violencia de xénero poidan afrontar gastos urxentes como aluguer, alimentación ou produtos de hixiene. O rexedor lembrou que o Concello aporta anualmente 266.000 euros ao Centro de Emerxencia Social que desde Vigo atende a toda Galicia e que é compencia da Xunta.

A xornalista viguesa Ana Guantes será a pregoeira do Entroido 2013

mércores, 6 feb 2013

O alcalde de Vigo informou hoxe mércores desta nova de cara ao Entroido deste ano. Caballero definiu a Ana Guantes como unha "recoñecida profesional da radio desta cidade" que agora está "exercendo de viguesa activa" desde o seu papel xornalística en Madrid.