luns, 4 febreiro 2013

O Concello organizará máis cursos de informática de distintos niveis para persoas maiores

luns, 4 feb 2013

Abel Caballlero visitou hoxe luns unha das aulas formativas ofertadas polo Concello no edificio municipal do Areal. En total, son 126 prazas habilitadas para clases de iniciación á informática, que inclúe correo e DNI electrónicos e Internet seguro para pais e nais. Dada a demanda existente, o rexedor avanzou que o Concello seguirá ofertando estas actividades formativas.

O alcalde Abel Caballero participa na homenaxe a Concepción Arenal no cabodano do seu pasamento

luns, 4 feb 2013

O acto celebrado o pasado sábado dous de Febreiro completouse cunha ofrenda floral ante a tumba desta insigne escritora e gran defensora dos dereitos da muller no cemiterio vigués de Pereiró. Posteriormente o rexedor municipal fixo entrega do galardon "galega destacada" , outorgado polo colectivo Dialogos 90, e que nesta ocasión quixo recoñecer a traxectoria profesional e humana da xornalista viguesa Carmen Dominguez, creadora entre outros do programa de televisión "Español