Escoitar

Urbanismo tramita plans para construir máis de 20.000 vivendas en 46 ámbitos da cidade

As actuacións desenvolvidas desde a Xerencia de Urbanismo desde que se aprobou o PXOM ata finais de 2011 permitirían a eventual construcción de máis de 20.000 vivendas, segundo un informe no que se detalla que se teñen iniciado plans en 46 ámbitos da cidade.

venres, 1 feb 2013
A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento hoxe venres do plan de seguemento que sustenta o PXOM desde o a súa entrada en vigor ata finais de 2011. Tal e como detallou o rexedor, o departamento que dirixe Carmela Silva está a facer desenvolvementos de ámbitos que poderían permitir a construcción de máis de 20.000 vivendas, das que a metade son de protección oficial, polo que, dixo, "o plan está ao máximo rendemento". O informe, engadiu, contempla o inicio de actuacións en 46 ámbitos, cunha superficie maior a 6 mil millones de metros cadrados, "superior ao Porto Seco de Salvaterra", puntualizou. Entre os plans, mencionou Metalúrxica, Esturáns, Fenosa, Tomás Paredes, Samil, Chouzo ou Pateira.

Durante a súa comparecencia de prensa, o rexedor tamén avanzou a concesión de 17 licenzas de obras e 7 de actividade para un investimento de 451.137 euros.