Escoitar

Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia

As 28 familias adxudicatarias dos alugueres sociais das vivendas municipais de Navia recibiron hoxe xoves as chaves do seu novo piso de mans de Abel Caballero, nun dos actos "máis emotivos desde que son alcalde", recoñeceu o rexedor.

xoves, 31 xan 2013
1359650495llaves.JPG
O alcalde de Vigo, acompañado pola primeira tentente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, entregou hoxe xoves as chaves das 28 vivendas municipais de Navia aos adxudicatarios que resultaron gañadores do sorteo ante notario. Logo de definir o acto de entrega "como un dos máis emotivos desde que son alcalde", Caballero explicou que os contratos de aluguer son de 5 anos, prorrogables ano a ano. Destacou a "grande satisfacción que sentiu" ao ver aos adxudicatarios, na maioría xente moza e "chea de ilusión" recibir un piso "fantástico e asequible", con alugueres que van desde os 116 aos 166 euros".

Descargar todas as imaxes