venres, 1 feb 2013
As actuacións desenvolvidas desde a Xerencia de Urbanismo desde que se aprobou o PXOM ata finais de 2011 permitirían a eventual construcción de máis de 20.000 vivendas, segundo un informe no que se detalla que se teñen iniciado plans en 46 ámbitos da cidade.
venres, 1 feb 2013
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres o plan de ocupación, instalación e explotación de servizos nas prais. En total serán os 11 os kioscos de tempada os que se instalen este verán nos arenais de Vigo.
venres, 1 feb 2013
Abel Caballero e e a ex piloto María de Villota participaron hoxe venres nunhas xornadas de Educación Vial que o Hospital Vithas organizou para os alumnos do IES Rosais II. Durante a charla, enfatizouse a importancia da prevención e do respecto ás normas á hora de cruzar ou conducir.
venres, 1 feb 2013
O sábado 2 de febreiro haberá unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA.