O alcalde destaca que os orzamentos adican 20 millóns para emprego e 17 para políticas sociais<br />
Abel Caballero enfatizou hoxe xoves a importancia da luz verde definitiva ás contas municipais para 2013 porque "é o sexto orzamento consecutivo aprobado, "sinal da fortaleza da democracia en Vigo e de que a cidade avanza e progresa". Durante a súa comparecencia, acompañado pola maior parte do Goberno, destacou as partidas de emprego e de política social, de 20 e 17 millóns de euros, respectivamente. <br />
O alcalde de Vigo compareceu hoxe xoves acompañado por todo os concelleiros (a exepción de Cayetano Rodríguez e Isaura Abelairas que non poideron estar presentes) para poñer en valor a aprobación do sexto orzamento consecutivo, o de 2013, "algo que nunca sucedera na historia da cidade, sinal da fortaleza da democracia en Vigo e de que a cidade avanza e progresa". Felicitouse pola aprobación das contas municipais, agradecendo aos concelleiros do BNG a súa "cooperación na marcha de Vigo", porque estes orzamentos "marcan a senda que queremos seguir". Equilibrio económico financeiro, caída do custo da débeda e da súa cuantía, diminución da presión fiscal, coa conxelación dos prezos da auga, transporte e outros servizos, foron algúns dos aspectos aos que se referiu o rexedor, ao tempo que destacou os 20 millóns de euros para xeración de emprego porque, na súa opinión, as políticas activas de emprego axudaron a que o desemprego descendera na cidade no último trimestre do ano.
Puxo tamén en valor os 17 millóns adicados a políticas sociais, un 23% máis que o ano pasado, incluíndo, entre outros, un plan de compensación contra a crise, a teleasistencia, o Centro de Inclusión Social, os programas de emerxencia social, no que definiu como "unha acción decidida e contundente como nunca na historia da cidade". Proseguiu referíndose á educación, cunha partida de 12 millóns de euros, para manter 6 escolas infantís, unha máis a punto de rematar e outras dúas en proxecto. Estas cifras, dixo, supoñen duplicar as prazas existentes desde o ano 2007 e permiten subvencionar as prazas nun 85% do seu custo. Tamén na partida de educación, inclúense as escolas de música, teatro, artes e oficios, entre outros servizos.
Durante a súa intervención, o rexedor enfatizou tamén os case 11 millóns de euros adicados a axudar a que os billetes do trasnporte público dos cidadáns sexan máis baratos, incluíndo 1,3 millóns de euros para cubrir o recorte do Goberno Central. Rematou afirmando que estas contas permitirán a Vigo seguir a ser "un referente en políticas sociais, de emprego e de transformación da cidade".
Descargar todas as imaxes