O Concello de Vigo aproba definitivamente o proxecto de orzamentos, que ascende a 228,8 millóns
Os votos de PSOE e BNG deron luz verde definitiva hoxe mércores ás contas municipais para 2013, uns orzamentos que ascenden a 228,8 millóns de euros. Tal e como explicou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, este documento inclúe 14 millóns de euros en investimento directo e 20 millóns para xeración de emprego.
O Pleno do Concello aprobou hoxe mércores definitivamente as contas para 2013, unhas contas "austeras e eficaces" que demostran o compromiso coa cidade. Así o defendeu a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, durante o debate plenario no que tamén destacou que o esforzo en gasto social e emprego, con dous obxectivos básicos: a redución progresiva da presión fiscal e rebaixa do endebedamento do Concello. Este orzamento, o sexto consecutivo, contou cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e o voto en contra do Partido Popular.
A concelleira de Economía e Facenda apuntou que o de 2013 ten o maior gasto en política social dun orzamento do Concello, 20 millóns de euros, cando hai sete anos adicábase ao efecto 7 millóns. Salientou a socialista o apoio a entidades sociais, os programas de atención e o Centro de Inclusión Social da cidade, o único destas características que xestiona un municipio en Galicia. En materia de emprego, o Concello destina 20 millóns para políticas directas e indirectas, investimentos e convenios para a creación de postos de traballo.
No capítulo de investimentos, o goberno contará o próximo ano con 14 millóns para xeración de emprego e infraestruturas de futuro, asegurou a concelleira, como mercados e escolas infantís. O mantemento dos barrios e das parroquias leva 2 millóns de euros e as subvencións á entidades increméntase nun 14,1% ata os 23,5 millóns. Raquel Díaz afirmou que a débeda do Concello de Vigo se verá rebaixada ata "o nivel máis baixo da historia da cidade", un 25,74%.
Educación lévase 11,5 millóns deste orzamento municipal, tal e como explicou Díaz, incluíndo partidas para dúas novas escolas infantís municipais a construir en Navia e Lavadores e conxelando os prezos das seis en funcionamento, ademais da próxima apertura da sede viguesa da UNED -que financia integramente a cidade de Vigo- e de incrementar as bolsas de comedor, asumindo o recorte realizado pola Xunta de Galicia nesta materia.