Escoitar

Caballero eloxia o modelo productivo da empresa auxiliar do naval Ibercisa que vai ampliar a súas instalacións<br />

Abel Caballero e Carmela Silva visitaron hoxe Ibercisa, unha empresa auxiliar do naval que vai investir 5 millóns de euros nunha obra de ampliación que permitirá á compañía pasar de 80 98 traballadores. Durante o percorrido, Caballero amosou a súa "satisfacción polo bo facer" destes responsables empresariais.

venres, 1 feb 2013
1359738844IBERCISA.JPG
O alcalde de Vigo visitou hoxe venres á empresa auxiliar do naval Ibercisa, unha empresa que acaba de recibir licenza urbanística para ampliar as súas instalacións e dar cabida a unha nova nave de montaxe, cun investimento de 5 millóns de euros. Acompañado da primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, e o xerente da compañía, Alfonso Paz Andrade, coñeceu de cerca o modelo productivo desta empresa que ocnstrúe maquinara de cuberta para buques e que exporta o 80% da súa producción. Logo da visita, explicou "con entusiasmo" que a cifra de empregados pasará de 80 a 98 coa ampliación e destacou que cunha facturación de 20 millóns de euros, Ibercisa "compite no mercado mundial". Louvou aos responsables da empresa "polo que son capaces de facer" , poñendo como exemplo a existencia dunha máquina capaz de mover 200 toneladas de peso, unha tecnoloxía "usada nas anclaxes das plataformas petrolíferas e ao alcance de moi poucos".

Durante a visita, o rexedor felicitou asimesmo á concelleira de Urbanismo pola rapidez coa que se tramitou a licenza "seguindo a legalidade máis absoluta".
Descargar todas as imaxes