O Concello organizará máis cursos de informática de distintos niveis para persoas maiores
Abel Caballlero visitou hoxe luns unha das aulas formativas ofertadas polo Concello no edificio municipal do Areal. En total, son 126 prazas habilitadas para clases de iniciación á informática, que inclúe correo e DNI electrónicos e Internet seguro para pais e nais. Dada a demanda existente, o rexedor avanzou que o Concello seguirá ofertando estas actividades formativas.
O alcalde de Vigo visitou hoxe luns aos alumnos dun curso de iniciación á informática para adultos que organiza o Concello no edificio municipal de O Areal. Destacou a ideoneidade destas clases posto que moitos destes alumnos -hai unha muller de 91 anos- nunca tiveran relación coa informática e despois do curso, son capaces de comunicarse a través dos ordenadores nun momento no que o correo electrónico ou as redes sociais forman parte fundamental do hábitat cultural. "Queremos que a xente que pola súa idade non tiveron oportunidade de incoporarse á informática poida facelo", explicou.
Os cursos de iniciación á informática están divididos en dous niveis, segundo coñecementos, con clases específicas para menores e maiores de 65 anos. Dentro dos programas hai formación en DNI e correo electrónico; internet seguro para pais e nais e cursos de memoria por ordenador para maiores de 65 anos.
Descargar todas as imaxes