O Concello colaborará na celebración das Xornadas dos Colexios de Avogados de España
Abel Caballero garantiu o respaldo do Concello de Vigo na celebración na cidade das sextas Xornadas de Xuntas de Goberno dos Ilustres Colexios de Avogados de España, que terán lugar do 26 ao 28 de xuño. A organización agarda a asistencia de unhas 750 persoas durante os tres días do evento.
Ao remate dunha reunión celebrada este xoves na Alcaldía, Abel Caballero afirmou que o Concello de Vigo cooperará coa celebración dunhas xornadas -que se celebran cada catro anos- que poderían reunir na cidade a unhas 750 persoas, entre congresistas e acompañantes, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo.
O alcalde ve esta cita "importante" pola xeración de actividade congresual e a súa repercusión hotelera en Vigo e, particularmente, por ser os asistentes "xeradores de opinión" e polo tanto presentarse "unha magnífica ocasión de amosar o novo Vigo".
Descargar todas as imaxes