Escoitar

Curso de auga doce

Normalización Lingüística programa o "curso de auga doce" como unha oferta para achegar/descubrir á sociedade viguesa, a lingua galega que temos ben preto de nós, os oficios relacionado coa auga, o bosque de ribeira, os muíños, a hidrotoponimia...

venres, 8 feb 2013
Ten unha duración de 20 horas e unha visita aos muíños de Zamáns. O curso é gratuíto
Impartirase os días: 19 e 26 de febreiro; 5, 12, 19 e 26 de marzo; 2, 9, 16 e 23 de abril
Horario: de 16:30 a 18:30 h
Lugar: no local de AVCR San Mamede de Zamáns na estrada Zamáns, 251
Inscricións: as persoas interesadas poden inscribirse no local da AVCR, ou chamando ao 986 46 80 39 (Carmen) ou 986 46 83 77 (Bea)