Escoitar

CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2013

De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, a concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 4 de febreiro de 2013, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2013 , así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:<br />

venres, 8 feb 2013
PRIMEIRO TRIMESTRE:

Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM)

- Data de comenzo do período voluntario: 2 de abril de 2013.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de xuño de 2013.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de xuño de 2013.

SEGUNDO TRIMESTRE:

Taxa pola recollida do lixo nas vivendas

- Data de comenzo do período voluntario: 3 de xuño de 2013.
- Data de finalización do período voluntario: 6 de agosto de 2013.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 6 de agosto de 2013.

Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial)

- Data de comenzo do período voluntario: 3 de xuño de 2013.
- Data de finalización do período voluntario: 6 de agosto de 2013.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 6 de agosto de 2013.

TERCEIRO TRIMESTRE

Imposto sobre bens inmobles (IBI)

- Data de comenzo do período voluntario: 2 de setembro de 2013.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de novembro de 2013.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro de 2013.

Imposto sobre actividades económicas (IAE)