O Concello adica 214.000 euros á urbanización do entorno do futuro Centro de Interpretación de Toralla
Abel Caballero informou da decisión adoptada na Xunta de Goberno Local de aprobar o proxecto de urbanización do entorno deste Centro, que amosará a historia da vila romana de Toralla. Sumando a rehabilitación do chalé Mirambell e o proxecto museográfico, o orzamento total do proxecto ascende ao millón de euros.
Tras a celebración este venres da Xunta de Goberno Local -a primeira tras a incorporación de Olga Alonso á Corporación como edil de Educación-, o alcalde informou da aprobación do proxecto de urbanización del entorno del Centro de Interpretación histórico-arqueolóxico da romanización da ría de Vigo, a vila romana de Toralla.
O Concello -que xestionará un orzamento total dun millón de euros- rehabilitará o edificio chalé de Mirambell con 450.000 euros, destinará outros 214.000 euros para a urbanización do entorno e 221.000 euros máis para o proxecto museografico.
Abel Caballero indicou que o Centro de Interpretación terá 270 metros cadrados divididos en dúas plantas e revestido en madeira para integralo no entorno. As distintas salas reflictirán a historia da vila romana de Toralla.
Axuda no fogar
En segundo lugar, o alcalde referiuse ás achegas aprobadas para os usuarios do servizo municipal de axuda no fogar. En 2013, o goberno local reserva 3 millóns de euros para esta prestación que reciben hoxe en día máis de 700 persoas, ben na modalidade de dependencia, ben na de libre concurrencia.
Descargar todas as imaxes