Programación do ENTROIDO 2013
A Concellería de Cultura e Festas, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e maila Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", programan O ENTROIDO 2013, que terá lugar do 8 ao 13 de febreiro, en distintos espazos da cidade. O programa comeza o venres 8 coa Entronización do Meco na porta do Sol, para continuar ás 20,30h co pregón, a cargo da xornalista Ana Guantes, na praza da Constitución. Ás 20,45h, na citada praza, terá lugar o concurso de coplas.
O sábado 9 terá lugar o tradicional concurso de comparsas e carrozas, que comezarán a desfilar ás 18,00h dende a rúa García Barbón (nó de Isaac Peral) e rematará na Porta do Sol.
O programa contará tamén coas tradicionais verbenas na Porta do Sol: o sábado 9 coas orquestras Pontevedra e Limón, ás 22,30h, e o martes 12 coa orquestra Marbella ás 22,15h.
O domingo 10 e o luns 11 terán como protagonistas os máis cativos co Entroido Infantil: inchables, obradoiros, xogos....na praza do Rei, de 17,00h a 20,00h. Na citada praza, terá lugar o martes 12 o concurso de disfraces; a inscrición será de 17,00 a 18h e o concurso comezará ás 18,30h. O martes finalizará coa Queima do Meco na Porta do Sol, ás 23,30h.
O Entroido 2013 rematará o mércores 13 co acompañamento da comitiva fúnebre, ás 18,30h, dende a praza da Constitución, pasando pola Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol. O sepelio do Meco e a entrega de premios dos concursos de comparsas e carrozas e de coplas, terá lugar ás 19,30h, na praza da Constitución.
Descargar todas as imaxes