venres, 15 feb 2013
Abel Caballero ordenou hoxe venres o peche provisional e preventivo dos pavillóns 1 e 2 e as pistas de squash de Balaídos, seguindo recomendacións dun avance do estudio da ITE do estadio municipal. O mesmo documento garante a seguidade das gradas, aínda que critica a ausencia de mantemento desde hai 31 anos.
venres, 15 feb 2013
O alcalde informou do acordo adoptado este venres polo goberno local, seguindo informes técnicos, económicos e xurídicos municipais. A Xunta de Galicia presentara un requerimento de pago en virtude dun convenio marco bilateral de 2006 e o informe de Asesoría Xurídica estipula que "o Concello non conta con obriga algunha de costear as obras".
venres, 15 feb 2013
Abel Caballero garantiu hoxe venres a pervivencia do programa Deporte apra persoas maiores, no que participan 770 usuarios. A Concellería de Deportes, que agora xestiona este proxecto en lugar de Benestar Social, ten unha partida de 80.000 euros.
venres, 15 feb 2013
O alcalde informou este venres do libramento de 326.000 euros para abonar bolsas de comedor escolar e outros 120.000 euros de axuda ás familias no programa de Emerxencia Social. O Concello adianta así os pagos correspondentes ao orzamento de 2013 aos beneficiarios da política social municipal.