O Goberno local pecha provisionalmente os pavillóns e as canchas de squash de Balaídos
Abel Caballero ordenou hoxe venres o peche provisional e preventivo dos pavillóns 1 e 2 e as pistas de squash de Balaídos, seguindo recomendacións dun avance do estudio da ITE do estadio municipal. O mesmo documento garante a seguidade das gradas, aínda que critica a ausencia de mantemento desde hai 31 anos.
O Concello ven de pechar provisionalmente as instalacións deportivas que hai debaixo da grada de río de Balaídos. Así o anunciou hoxe venres o rexedor, seguindo recomendacións do avance do estudio da ITE de Balaídos que está a realizar a empresa especializada Galaicontrol. Segundo este documento, é preciso realizar máis probas nesta zona "ante a posiblidade de que se desprendan pequenas esquirlas de cemento" dixo Caballero. Este mesmo avance garante a seguridade das gradas, que "son sólidas e teñen seguridade", aínda que revela que o xeito no que foron construídas "xa se detectaron deficiencias daquela -incluso na revisión apareceron partes de encofrado sen retirar", un feito ao que hai que sumar 31 anos sen acometer o mantemento perceptivo.
Explicou que xa se están a podar as árbores precisas para que as grúas poidan entrar e traballar para facer o informe definitivo que, segundo vaticinou, estará preparado nuns 15 días. A afecciónon afecta ás gradas, so algúnhas zonas con posibles caídas de esquirlas de cemento. Durante a súa intervención, o alcalde aclarou que o concelleiro de Deportes xa está a traballar na reubicación da actividade prevista nestas zonas clausaradas a outras instalacións deportiva da cidade, ao tempo que anunciou que "imos acelerar" a posta en funcionamento de novas dotacións pendentes de abrir como Candeán ou a Etea.