O Concello incrementa en 2013 un 17% os recursos do Plan Municipal de Emprego
Abel Caballero mantivo este xoves un encontro con algunhas das entidades que cooperaron co Concello de Vigo no desenvolvemento do Plan Municipal de Emprego do pasado ano, dotado con 2,4 millóns que en 2013 pasa a 2,8 millóns, un 16,6% máis. O orzamento municipal total de Emprego este ano suma 5,5 millóns.
O alcalde de Vigo infomou hoxe xoves de que o Plan Municipal de Emprego engade este ano 400.000 euros aos 2,4 millóns adicados polo Concello en 2012, un incremento do 16,6% ata os 2,8 millóns.
Abel Caballero explicou que o goberno local disporá en 2013 de 5,5 millóns de euros para a loita contra o desemprego, dos que 2,8 están asignados ao Plan Municipal de Emprego e outros 1,5 millóns ao proxecto Vigo Emprega. En materia de investimento público, o goberno local reserva 15,9 millóns de euros.
No tocante ao Plan de Emprego, o alcalde anunciou na reunión variantes sobre o modelo de 2012. Do 2,8 millóns totais, 1.020.000 euros serán conveniados directamente a través de entidades e 1.780.000 euros sairán pola vía da libre concurrencia. O pasado ano, este Plan do Concello supuxo emprego para 358 persoas, parte dos 884 contratos formalizados directamente polo departamento que dirixe Santos Héctor. Sumando os directos e indirectos do investimento municipal do pasado ano, Abel Caballero cifrou o emprego creado polo Concello de Vigo en 2012 en 3.800 postos de traballo.
Descargar todas as imaxes