Escoitar

CONVOCATORIA DO IV CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

A Biblioteca Pública Central de Vigo convoca o IV Premio de banda deseñada "B.D. Vigo".<br /> Este certame ten como obxetivo animar ás xoves promesas da cultura do cómic galego así<br /> como achegalos á Biblioteca na que exporanse as obras participantes no concurso.O concurso está aberto a calquer persoa interesada en participar, dacordo coas seguintes bases:

mércores, 13 feb 2013
1360761311banda.jpg
B A S E S

1. Poderán concurrir todos os interesados nas seguintes categorías:
*Infantil: Nenos que teñan ata 11 anos.
*Júnior: Xoves que teñan entre 12 e 17 anos.
*Sénior: Xoves que tengan entre 18 e 99 anos.

2. O tema será libre, con textos en galego. Cada autor presentará as obras que considere
oportunas, non premiadas en outros concursos.

3. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión mínima de dúas páxinas e máxima
de catro, a cor ou branco e negro e a técnica será libre e con dimensións de DINA-4.

4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista/colorista... O estilo,
tratamento e xénero son libres.

5. Os traballos presentaranse fotocopiados en sobre pechado, no exterior figurará o título ou
lema e a categoría na que participa; e no interior dese sobre indicarase o:
*Título da obra
*Nome e apelidos do concursante ou concursantes (imprescindible)
*Fotocopia do D.N.I.
*Domicilio e teléfonos de contacto

6. Os traballos presentaranse á:
Biblioteca Nodal de Vigo
JOAQUÍN YÁÑEZ, 6 (CASCO VELLO) VIGO
TLF: 986 229 074
FAX: 986 227 342
(Entregaranse en Información explicando que son para o concurso)

7. O prazo de presentación dos traballos rematará o 25 de marzo de 2013.

8. Establécense os seguintes premios :

1º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.
2º Premio categoría Infantil: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.
1º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.
2º Premio categoría Júnior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.
1º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.
2º Premio categoría Sénior: Diploma e lote de productos relacionados co mundo da banda
deseñada.

9. Ademais dos premios, o Xurado poderá reservarse o dereito de facer Mencións Especiais
respecto daquelas obras que estime como merecedoras delas.

10. O Xurado poderá declarar os premios desertos. O xurado estará composto por autores
recoñecidos do mundo da banda deseñada.

11. Así mesmo, cos traballos orixinais premiados será realizada unha exposición nas propias
instalacións da biblioteca dende o 7 de maio ata o 1 de xullo.

12. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos
nestas bases serán resoltos a criterio da organización.
Descargar todas as imaxes