Escoitar

Caballero traslada ao Parlamento Europeo os avances medioambientais de Vigo nos últimos anos

Abel Caballero detallou diante dos representantes do Parlamento Euroeo que veñen evaluar a calidade mediambiental da ría de Vigo os avances experimentados nesta cidade desde hai seis anos. Á posta en marcha da construcción da depuradora, engadiu os traballos de recuperación das dunas nas praias e as 350 rúas que se humanizaron durante este tempo.

martes, 12 feb 2013
1360685072agencia.JPG
O rexedor aproveitou hoxe martes a reunión que mantivo cos parlamentarios europeos que veñen evaluar a contaminación da ría para defender o "avance mediambiental desta cidade nos últimos seis anos". Durante a súa intervención cos medios de comunicación, explicou que lles trasladou aos representantes europeos información descoñecida e lamentou que o encontro fora demasido curto para abordar todos estas melloras. Comezou referíndose ao avance "imparable" da construcción da depuradora, cun custo de 230 millóns de euros -un custo similar á de París-; 350 rúas humanizadas coa pertienten separación de fecais e pluviais; así como a recuperación das dunas nas praias. Tamén puxo en valor que o alcalde de Vigo foi catro anos presidente da rede de cidades contra o cambio climático, "representando a 32 millóns de cidadáns preocupados polo medio ambiente".

Lembrou que "non é unha competencia municipal, que vai máis aló das nosas obrigas pero o facemos encantados". Caballero dixo que os responsables europeos reprocharon a inactividade das administracións durante 8 anos, algo que cambiou coa chegada do actual Goberno municipal, hai 6 anos, cando "a toda velocidade" asinouse o convenio para a contrucción da nova depuradora, expropiáronse os terreos e comezaron as obras. Respecto da ampliación do muelle do Areal, aclarou que esta actuación non precisaba de declaración de impacto medioambiental e que recibiu todas as garantías medioambientais e xurídicas.

Rematou invitando aos parlamentarios a visitar os arenais vigueses e reiteroulles, segundo apuntou aos medios, que Vigo ten o "futuro ben enfocado", animándoos a mirar máis ao futuro que ao pasado. Avanzou que no ano 2015, a cidade contará cunha das mellores depuradoras de toda Europa polo que "o alcalde de Vigo non recibe leccións medioambientais de ningúen".
Descargar todas as imaxes