Escoitar

O alcalde salienta o "éxito" das instalacións municipais Máis Que Auga, con 14.000 inscritos

Abel Caballero visitou hoxe martes o centro Máis Que Auga de Barreiro, onde eloxiou o funcionamento destas instalacións municipais nas que practican actividade deportiva 14.000 persoas. O goberno municipal estudará cubrir as catro pistas de pádel ao aire libre para mellorar o servizo, segundo revelou o alcalde.

martes, 12 feb 2013
1360684953barreiro.JPG
Abel Caballero definiu os centros municipais como a "mostra moderna" da actividade deportiva da cidade de Vigo, pois nos de Barreiro e Florida exercítanse 14.000 persoas, unha "demanda moi importante" pese á crise económica.

Máis Que Auga auna piscina, spa, ximnasio e dez pistas de pádel, seis cubertas e catro ao aire libre, no caso da instalación de Barreiro, unha "oferta deportiva excepcional" para Caballero, quen adiantou que o Concello de Vigo valorará a posibilidade de cubrir as pistas descubertas para mellorar o servizo.

Abel Caballero ve nesta oferta municipal un "proxecto espléndido" que revela a "gran mobilización de Vigo hacia o deporte", camiño que se está "acrecentando de forma continuada", en verbas de Caballero, quen citou o exemplo das probas de atletismo de Vigo, que duplicaron a participación nos últimos anos.
Descargar todas as imaxes