mércores, 13 feb 2013
A liquidación orzamentaria de 2012 deixa un superávit de 6,8 millóns nas contas municipais, o que supón "un ano no que esta cidade mantivo a súa capacidade orzamentaria, con contas saneadas. O alcalde degranou hoxe mércores o informe sobre a liquidación dos orzamenentos do pasado exercicio que di textualmente: "Se están a cumplir todos os requisitos que marca a lei: aforro neto positivo, estabilidade orzamentaria (superávit), regra de gasto y endebedamento inferior ao 75%"
mércores, 13 feb 2013
Abel Caballero mantivo hoxe mércores un encontro co policía local Miguel Selas para coñecer o proxecto fotográfico Into de world. Ese funcionario municipal percorreu o mundo retratando distintas vidas e sociedades con imaxes que xa expuso, con moito éxito, na Casa da Xuventude.
mércores, 13 feb 2013
A Biblioteca Pública Central de Vigo convoca o IV Premio de banda deseñada "B.D. Vigo".<br />
Este certame ten como obxetivo animar ás xoves promesas da cultura do cómic galego así<br />
como achegalos á Biblioteca na que exporanse as obras participantes no concurso.O concurso está aberto a calquer persoa interesada en participar, dacordo coas seguintes bases: