Escoitar

Caballero agarda que o estaleiro vigués Metalships constrúa un terceiro buque para a multinacional Technip

O alcalde de Vigo participou este luns no acto de entrega e bautismo do offshore "Deep Orient", ensamblado polo estaleiro vigués Metalships&Docks para a multinacional Technip. Trátase do segundo buque entregado á compañía. Caballero confía en que a relación comercial poida ter continuidade cun terceiro barco.

luns, 11 feb 2013
1360607666rodman.JPG
Abel Caballero revelou que, nunha visita anterior ao Museo de Castrelos, o vicepresidente executivo da compañía, Frédéric Delormel, manifestou o seu "profundo desexo", en verbas do alcalde, de que o estaleiro asentado en Teis poida construir un novo barco para Technip, que sería o terceiro.

O rexedor salientou a "capacidade dos estaleiros de Vigo de facer un barco de altísima tecnoloxía" como o "Deep Orient", elaborado na cidade "na súa totalidade" e definido por Caballero como o "offshore máis sofisticado do mundo". Esta entrega, orzamentada en 110 millóns, supuxo carga de traballo para mil empregados do estaleiro.

O acto comezou ás 11.00 horas deste luns nas instalacións da compañía no barrio de Teis e contou coa asistencia, ademais do alcalde de Vigo, Abel Caballero, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o delegado do Goberno, Samuel Juárez, e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Descargar todas as imaxes