Escoitar

Unha nova setenza favorable ao PXOM eleva a 50 os autos que avalan o urbanismo en Vigo

O Plan Xeral ven de recibir unha nova setenza favorable aos intereses municipais, tal e como avanzou hoxe luns o rexedor, quen cifrou en 50 as decisións xudiciais que ata o de agora se recibiron avalando as directrices do PXOM.

luns, 11 feb 2013
Abel Caballero felicitouse hoxe luns pola setenza do Supremo que ratifica a decisión do TSXG de non admitir un recurso contra as directrices do PXOM no ámbito da Curva de San Gregorio. Esta decisión en firme súmase a outras sentenzas favorables que ata o de agora recibiu o Plan Xeral. Tal e como indicou en rolda de prensa, o urbanismo en Vigo caracterízase pola súa seguiridade xurídica desde hai seis anos.