O alcalde felicítase porque a Biblioteca Neira Vilas aumentou os usuarios nun 232% desde 2011
Abel Caballero visitou esta mañá a Biblioteca Neira Vilas, un centro municpal que aumentou nun 232% o seu número de usuarios desde 2011. Resaltou o carácter dinamizador destas instalacións, que ofrecen actividades para todo tipo de públicos durante toda a semana.
O alcalde achegouse hoxe venres á Biblioteca Neira Vilas- para presentar a programación dos dous próximos meses dunha dotación cultural que definiu "como a crónica dun éxito anunciado". Tal e como explicou e dado o carácter dinamizador do centro, organízanse actividades variadas ao longo de toda a semana, incluído o sábado. Contos e iniciativas de introduccción á literatura e á arquitectura para os rapaces, así como contos, mostras bibliográficas e clubs de lectura para adultos. Tamén se organizan cursos de iniciación a internet e busca de emprego, así como obradoiros de escritura creativa.
Durante a súa intervención, Caballero destacou o número de socios pasou de 3.064, en 2011, a 6.895 persoas no 2012; mentres que o de usuarios era de 52.112 en 2011 e no 2012 ascendeu a 121.342. Puntualizou que ata o 31 de decembro este centro cultural puxo en marcha 235 actividades, cunha participación de máis de 13.000 persoas. Respecto dos programas escolares, leváronse adiante iniciativas das que formaron parte 2.226 alumnos de 16 centros escolares. Tamén houbo actividades con colectivos específicos como a Fundación Secretariado Xitano ou o Consello Municipal de Cooperación Internacional. A estes programas súmanse seis edicións de cursos de iniciación á informática e de búsqueda de empleo. O nivel de rotación de cada libro é de catro, cando a media en España é de 1, "o que siginfica un nivel moi importante de interese pola riqueza bilibliográfica do centro".
Descargar todas as imaxes