Escoitar

O Concello financia con 80.000 euros as actividades de ximnasia e natación de maiores

Abel Caballero garantiu hoxe venres a pervivencia do programa Deporte apra persoas maiores, no que participan 770 usuarios. A Concellería de Deportes, que agora xestiona este proxecto en lugar de Benestar Social, ten unha partida de 80.000 euros.

venres, 15 feb 2013
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe a modificación das normas de funcionamento do programa Deporte para persoas maiores que vai xestionar a Concellería de Deportes (ata o de agora formaba parte de Benestar Social). Cunha dotación orzamentaria de 80.000 euros, este programa oferta clases de ximnasia e natación a maiores de 65 anos, que estean empadronados en Vigo. O número de plazas é de 220 para ximnasia e 450 para natación e son dúas sesións semanais, que se desenvolven nos Pavillóns de Teis, Lavadores e Travesas. Tal e como explicou o rexedor, outro dos requisitos deste "demandado" programa é tener autonomía para poder desenvolver a actividade. Por último, hai que presentar unha xustificación de ingresos para fixar o prezo de casa usuario.