O Goberno municipal segue o criterio técnico e rexeita pagar a acometida eléctrica do novo hospital
O alcalde informou do acordo adoptado este venres polo goberno local, seguindo informes técnicos, económicos e xurídicos municipais. A Xunta de Galicia presentara un requerimento de pago en virtude dun convenio marco bilateral de 2006 e o informe de Asesoría Xurídica estipula que "o Concello non conta con obriga algunha de costear as obras".
Despois da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta desta decisión adoptada seguindo os informes técnicos, económicos e xurídicos elaborados polo persoal municipal.
A Xunta de Galicia presentou o 18 de xaneiro un requerimento de pago por parte do Concello da acometida eléctrica para a construción do novo hospital, en virtude dun convenio marco asinado polas partes en 2006. Segundo indica o informe de Asesoría Xurídica, "o Concello non conta con obriga ningunha de costear as obras e instalacións necesarias para suministrar enerxía eléctrica ao hospital".
O Concello de Vigo defende que o devandito acordo marco de 2006 requería de convenios posteriores para o seu desenvolvemento, para calquera concreción ou gasto, que a Xunta de Galicia nunca propuxo. Por outra banda, o convenio non inclúe ningunha memoria económica nin desenvolvemento técnico nin foi fiscalizado.
Por outra banda, os servizos municipais rexeitan o requerimento xa que a Xunta de Galicia non convocou ata maio de 2012 ningunha reunión da comisión de seguemento do convenio, onde os responsables do Concello xa plasmaran as súas dúbidas sobre a legalidade do mesmo e a súa vixencia.
Abel Caballero recordou que ten solicitado unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para desbloquear esta cuestión, petición á cal o goberno autonómico non respostou.