Escoitar

O goberno local adica 2,3 millóns de euros á humanización da rúa Nicaragua

O alcalde, Abel Caballero, visitou hoxe luns os traballos de mellora que executa o Concello de Vigo neste vial vigués, cun orzamento de 2,3 millóns de euros. Xunto á habitual reforma en superficie, con novo arborado e beirarrúas de pedra, o goberno vigués renova tamén as canalizacións soterradas de servizos.

luns, 18 feb 2013
1361191853nicaragua.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns os traballos de humanización que acomete o Concello na rúa Nicaragua, acompañado por distintos integrantes do goberno local.

Abel Caballero definiu Nicaragua como "unha das rúas máis castigadas de Vigo", que está a ser humanizada polo goberno local en tres fases. En tres semanas, segundo a estimación do rexedor, rematarase a reforma do treito entre Celso E. Ferreiro e a Praza Elíptica, "segundo o previsto", e despois do verán comezará a obra desde Pza Elíptica ata Gran Vía para continuar ata Pizarro.

Durante a visita, Caballero explicou que o goberno vigués adica 2,3 millóns de euros nesta reforma, que transformará ao seu remate tanto o subsolo como a superficie do vial. Nos máis de 500 metros sobre os que se actúa, o Concello instalará 34 novos puntos de luz, papeleiras e case 20 bancos, ademais das 19 xardineiras e 75 árbores onde antes "non había ningún".

Baixo terra, o goberno de Vigo tamén cambiará caseo dous quilómetros de canalizacións de servizos soterradas, tanto de abastecemento como de saneamento e a rede de separación de augas pluviais das fecais. "Queremos completar o proceso para facer de Vigo unha cidade sostible", concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes