mércores, 3 abr 2013
DeA Casa das Mulleres acollerá este xoves, 4 de abril, ás 19 horas, o relatorio "Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro feminino Sons de mulleres".
martes, 19 mar 2013
Victoria Quivén comentará o libro " Diario de una buena vecina"" de Doris Lessing durante a sesión dos "Cafés Literarios" que terá lugar o mércores 20 de marzo de 18:00 a 20:00 horas no Centro de Documentación da rúa Joaquín Yáñez 6,2º andar. O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas está formado por un grupo de persoas animadas polo gusto á lectura.
martes, 12 mar 2013
O Centro de Documentación de Recursos Feministas acolle a presentación do libro Xardín de inverno<br />
de Ledicia Costas, o mércores, 13 de marzo ás 19.00 horas. Interveñen a autora e Mónica Bar, escritora.
venres, 8 mar 2013
A sesión plenaria polo Día Internacional das Mulleres contou este venres coa benvida do alcalde, Abel Caballero, e a presidencia da edil de Igualdade, Isaura Abelairas, entre outros corporativos. Nove colectivos do Consello municipal da Muller plantexaron distintos temas de interese para a muller.
venres, 8 mar 2013
A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller informa das actividades que terán lugar este sábado, día 9 de marzo, que organizan con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
xoves, 7 mar 2013
Baixo o lema "os dereitos das mulleres son os dereitos do mundo", a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan unha serie de actividades e actos na cidade, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
mércores, 6 mar 2013
Dentro do marco de dinamización do barrio e, con motivo da celebración do Día Intenacional das Mulleres e a Conmemoración dos 150 anos da edición de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, a Asociacion de Comerciantes e Hosteleiros Vigovello quere unirse a esta iniciativa, proposta pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller, e colaborar coa presentación da "Ruta das Tapas pola Igualde".
martes, 5 mar 2013
Xunto ao alcalde de Vigo, a concelleira de Igualdade e presidenta do Consello Municipal da Muller, Isaura Abelairas, presentou hoxe martes a programación para o venres, 8 de marzo, e o sábado, onde o Casco Vello acollerá actividades infantís, roteiros en feminino e música.
luns, 4 mar 2013
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala. Esta iniciativa trata de aproveitar a forza actual das redes sociais, neste caso o twitter, na loita contra as desigualdades de xénero e agardase que teña unha boa aceptación e unha ampla resposta social.<br />