Relatorio "Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro feminino Sons de mulleres"
DeA Casa das Mulleres acollerá este xoves, 4 de abril, ás 19 horas, o relatorio "Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro feminino Sons de mulleres".
Durante esta sesión percorrerase a andadura e o desenvolvemento coa posterior sinalización dos 15 puntos que configuran o Roteiro "Sons de Mulleres" promovido por Mulheres Nacionalistas Galegas en colaboración coa Concellería de Igualdade.
O obxectivo do Roteiro é visibilizar as mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo. Leva por quince puntos situados fundamentalmente no casco histórico da cidade, nos que, dun ou doutro xeito, as mulleres deixaron a súa pegada e a súa contribución á identidade de Vigo, aínda que a propia historia da cidade as teña silenciadas.
Os 15 puntos do roteiro son espacios froito das reivindicacións e do traballo máis recente do Movemento Feminista: a Praza 8 de Marzo, a Biblioteca Feminista ou a Casa das Mulleres; lugares que recuperan a memória de mulleres vítimas da represión franquista: Urania Mella, Olimpia Valencia ou Rosario Hernández -A Calesa-, que loitaron pola liberdade nas rúas da cidade, nos sindicatos e na vangarda cultural; Pedagógas que defenderon os dereitos das mulleres, loitando por unha educación que aínda hoxe é soño de futuro: Concepción Arenal, Ernestina Otero ou Antia Cal; lugares de creación artística e literaria, como foi a imprenta de Juan Compañel onde Rosalía de Castro sacou do prelo en 1863 Cantares gallegos; lugares que recoñecen o compromiso político; e lugares que recoñecen o traballo nas conserveiras, na ribeira do Berbés ou as ostreiras, nos lavadoiros comunais ou nos mercados, ou ás mulleres que tiveron que emigrar.
Descargar todas as imaxes