Escoitar

Caballero asina cos veciños do Casco Vello o convenio para a realización da Reconquista 2013

O alcalde rubricou este mércores o convenio polo que o Concello, a través de Cultura e Festas, achega 40.000 euros para a organización dos actos da Reconquista, cantidade á que se suma outros 35.000 euros que abona a través de Alcaldía. En total, o Concello achega 75.000 dos 90.000 euros de orzamento da celebración.

mércores, 3 abr 2013
1365007195reconquista.JPG
A celebración terá lugar esta fin de semana, 6 e 7 de abril, incluíndo de forma complementaria á tradicional celebración tres exposicións en distintos puntos da cidade. A primeira está aberta ao público na lonxa do Concello de Vigo, unha mostra que se pechará o 8 de abril e recolle os carteis presentados ao concurso para ilustrar a festa deste ano.

A segunda exposición, na Casa Galega da Cultura, tamén pechará as súas portas o 8 de abril, e leva por título "1809: o papel do home e da muller". A terceira chámase "Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas" e poderá ser visitada ata o 7 de abril.

PROGRAMACIÓN
Sábado 6 de abril
-10:00 h Apertura do mercado
-13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-18:00 h Inauguración da festa (Praza do Berbés)
-18:15 h Representación da destitución da corporación da Vila de Vigo (Praza do Berbés)
-19:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-21:30 h Concerto dos Terribles de Donas. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado

Domingo 7 de abril
-10:00 h Apertura do mercado
-12:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-18:00 h Representación Teatral da reconquista da Vila de Vigo, na Porta do Sol.
-21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado
Descargar todas as imaxes

Máis información