O Concello achega 605.000 euros ao MARCO de Vigo, o 70% do seu orzamento para 2013
O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe martes na Xunta de Goberno Local, que inclúe a subvención para este ano ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Caballero censurou o recorte do 60% nas achegas da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura, 140.000 e 50.000 euros respectivamente.
"Non imos deixar a Vigo sen o museo MARCO", indicou Caballero, tras informar da subvención de 605.000 euros concedida ao centro de arte contemporánea viguesa para 2013, o 70% dos ingresos totais do mesmo.
O alcalde censurou que a Xunta de Galicia conceda 140.000 euros ao MARCO e o Ministerio de Cultura 50.000 euros, tras aplicar ambas administracións un recorte do 60% sobre os 300.000 e 107.000 euros que, respectivamente, aportaban anteriormente os organismos públicos. Caballero recordou que o goberno autonómico, no ano 2011, incluso non aportou nada ao Museo vigués, o que acontece hoxe coa Deputación de Pontevedra.
Caballero criticou que tanto o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia como a Deputación de Pontevedra adiquen "soamente" estas cantidades ao MARCO vigués, cando financian recintos culturais integramanente noutras cidades como A Coruña, Santiago e Pontevedra.
Bonotaxi
Na Xunta de Goberno Local, o Concello de Vigo tamén acordou aprobar as bases reguladoras e convocatoria para a concesión das axudas do programa Bonotaxi para 2013, un total de 27.000 euros que beneficiarán aos 24 homes e 62 mulleres que empregan este servizo. O bonotaxi é un medio alternativo de mobilidade adaptada para persoas con discapacidade que non poden utilizar o transporte colectivo.
Loita contra o maltrato
O goberno local aprobou a concesión de 17.100 euros de subvención á Asociación de Mulleres "Dorna" para, entre outras cuestións, o mantemento dun punto de información dirixido especialmente a mulleres vítimas de violencia de xénero.
Por outra banda, Abel Caballero informou da aprobación do convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, acordou polo que o Concello de Vigo concede 15.300 euros a esta entidade.
Pola súa banda, segundo apuntou o alcalde, Vigo conta cunha rede de servizos e recursos específicos para as mulleres. Existe un centro de atención global e específica á muller -o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller-, unha rede de acollida de recente creación formada polo Centro de Emerxencia e por tres vivendas de protección para mulleres vítimas de violencia de xénero.